Todo aquilo que os amantes deixaron de dicir,
por desleixo ou abandono,
por preguiza ou disimulo,
esas ducias de palabras que podían ocultar
as cancións que non cesaron de xemir no esquecemento,
canto doen cando alguén as recupera,
retoma o seu percurso,
afiadas navallas, agullas punzantes,
no ternura da carne que sangra.
