do suxeito do inconsciente

Un dos aspectos máis interesantes do suxeito do inconsciente, e acaso por iso a sociedade neoliberal non promoverá xamais a psicanálise como o seu paradigma, é que o inconsciente non pode ser producido como unha mercadoría. Por iso a alta literatura é aquela que se desvela a través do texto como un gran baleiro ocupado pola linguaxe, desafiando o capital e a lóxica do mercado.