O seu nome é Ninguén e non ten rostro nin relato. Ocupa o seu baleiro co que escoita na televisión. E enche os días camiñando, percorrendo sempre as mesmas rúas, sen repetir expositores nin vitrinas, bares e mercados.
Vive en Ningures, un lugar fóra do mapa, ausente das cartografías, no exilio das informacións. Porque en Ningures o único que pasa é cando Ninguén pasa. Ningún outro feito ou acontecemento. Tormentas e estacións viran e viran nos seus ciclos, reitéranse un ano e outro ano, sempre na diáspora do coñecido. Tormentas e tormentos.
Quixen retratalo mais non tiña semblante. Poderia ser calquera. Ese Ninguén (nec quen) que non é quen. Porque Ninguén non é quen de falar nin de mostrarse. Adiviña a súa sombra por aí. Sombra que se verte sobre as sombras.
A sombra dese Ninguén que non é quen.
