Retallos de Roma

Non sei que fago en Roma. Hai moito que partín. 
Leváronme consigo as lúas funerarias
De meses xa caducos, de estrelas esquecidas.
E fun polos camiños, no lombo do solpor,
Soñando outras herdades, remotos prados verdes.
Mais sendo unha evidencia que tiven que fuxir,
Tamén é certo o soño que Roma culminou,
A flor de forma irada que cruzan lamacentos
Devalos estivais, a esencia que se achega
Do mar en leve brisa, a neve na distancia
Da plácida montaña. 

[…]

Así que estou en Roma. 

Xamais logrei fuxir. 

Oh nunca quixen irme.