Árbores

Árbores da terra, erguidas para a luz
da sombra e do contraste,
acenos de exaltada elevación,
pontes do fulgor e a claridade,
vosoutras, materias de madeiras da floresta
e mastros de navíos invisibles,
os mares navegades da altura e das raíces,
dispostas como letras do título do mundo.