De Antígona

Antígona preferiu morrer antes que deixar insepulto o cadáver do seu irmán Polinice. O rei Creonte condenouna a ser enterrada viva, mais ela optou por aforcarse. Hemón, fillo de Creonte, ao coñecer a morte de Antígona, suicidouse abrazado ao corpo da súa namorada. Eurídice, nai de Hemón, e esposa de Creonte, optou tamén por tirarse a vida ao coñecer a morte do seu fillo.

Creonte, finalmente, paga as consecuencias da propia lei, malia ser o poderoso.

Na IIGM, un grupo de mulleres gregas, encerradas polos nazis nunha igrexa, desobeceu as ordes dos invasores para enterrar os corpos dos seus homes mortos. Así aparecen na Antígona de Jean Anouilh e na de Bertolt Brecht. Creonte, convertido agora nun ditador nazi.

Marx dixera aquilo de que “os dominantes tamén están dominados pola dominación”.

Deleuze deixou unha frase para a historia: “o mito non existe, mais insiste”.