Do obxecto perdido

Somos un obxecto perdido, imposible de reencontrar, perdidos entre o dito e o dicir, entre o enunciado e a enunciación. Mais o importante non é que somos senón de quen é fillo o noso desexo. Porque a nosa demanda está sempre no idioma do Outro. Así, o noso discurso é lazo social e son os cambios no social (históricos) os que modifican sempre os lazos sociais discursivos. Contra o discurso do amo e as súas diversas mascaradas (o discurso capitalista, o discurso dos mercados, compro logo existo, a voracidade compulsiva do consumidor) o discurso como unha estrutura necesaria que excede con moito a palabra.