Don Merlo

Don Merlo ha de saber se chegou a primavera,
heraldo do virar das estacións,
carteiro das vodas de abril, 
piando na cerdeira.

E ha de ter algún conforto,
un alivio, unha alegría,
para as mágoas destas horas,  
desacougos do horizonte. 

Leva tempo nos exilios,
perdedor de toda guerra, 
mais non deixa de cantar para a esperanza. 

Hei de ver cando é que pasa.