Humanas

Somos unha mirada, unha casa para os ollos, un acomodo de materiais na intemperie do mundo. Asentamos a calor ante a sorpresa, o fogar ante os invernos, o tear e a lareira. Somos tamén unha voz e o seu eco. A claridade dunha sílaba sen ruído. Un OM que reverbera nos pulmóns e no estómago. Un MA que se repite na materia e na madeira. Na mazá.

Iso é que somos. Raíces de semente que o vento empurra contra a lama.

OM MA. Humanas.