Leibniz falaba da Natureza e da Graza como os dous reinos respectivos da mecánica e da moral entre os que existía unha harmonía determinada por Deus. E de onde viña o Mal? Necesariamente do home, nunca de Deus.
Vendo estes contrastes entre o firmamento, sempre entrópico e continxente, e a arte, tan racional como inefable, pensaría nunha obra de redención, un acorde conxunto da mecánica e da moral, unha pregaria.
