Vellaría

Novembro de segunda man,
deses que se compran baratos nos mercados de vellarías.
E chovía sen pausa.
Caía unha lagoa enteira de augas melancólicas.
As billas non paraban de pingar sobre caixas de metal enferruxado.
Un ritmo de vals triste, tic tic tac, corría pola auga.
Vasos gregos e alguén cantaba psalmos,
antigos edificios con estatuas,
ausencia de pardais nun inverno perpetuo.
Virás ao meu enterro vestida de branco.
Na derrota de Francia.