Natalia Ginzburg

Pavese en primavera 
viña a casa comendo cereixas. 
Adoraba as primeiras cereixas, 
as pequenas e gorentosas que, segundo el, 
tiñan un “sabor a ceo”. 
Dende a xanela víamolo aparecer polo final da rúa, 
alto, de rápido camiñar, 
comendo cereixas e botando os carozos contra a parede 
cun disparo seco e murcho.
A derrota de Francia 
ligoume para sempre a esas cereixas 
que nos fixo gorentar cando chegou, 
sacadas unha a unha do peto da chaqueta 
de man parsimoniosa e enfurruñada.