Délfica

Quen foi que aventurou a ruína de Delfos 
e o fracaso da antiga beleza?

Quen que se atreveu aos estragos, aos destrozos,
sabedor das desfeitas da idade?

Quen foi o máis audaz, o visionario, 
o intérprete do curso dos tempos?

Non é preciso un nome, un título, unha fama,
nin marcas dunha estirpe, 
nin restos de linaxe.

Tan só, na luz dos ollos,
o escuro da mirada.