Siloxismo dedutivo

Seguindo as regras do siloxismo dedutivo

se “Coimbra é uma mulher”,

tal e como reza a letra do fado popular,

e “La femme n’existe pas”,

segundo dixo unha e outra vez Jacques Lacan,

cabe concluír que,

por moito que haxa físicos que aseguren o contrario,

Coimbra non existe,

cousa que viña sospeitando desde hai tempo. 

Coimbra é unha substancia por determinar,

un miragre,

un acontecemento.