Lugar para pensar

Procura que o teu corpo sexa río,
xardín ou prado ameno.
Nin rápidos regatos, nin lavas purulentas,
riachos e ribeiros de líquidos irados,
de vento atormentado e temporal. 

Non haxa, pois, teatro, manicomio, factoría,
prisión ou esterqueira
nos lindes dese reino.

Sexa o teu enteiro territorio
lugar para pensar.