Poema lacaniano

A voz, dixo Lacan,
é o que se escoita entre palabra e palabra. 
Tamén dixo
que a mirada é o que non se ve.

Eu ando por aquí,
ausente, extraviado,
libido vagabunda neste magma escópico-invocante,
a brincar coa voz e coa mirada,
estimando
a xente que aínda escoita,
a multitude
que procura dar sentido ao que divisa.

Non traballo na poesía da experiencia,
celeste agricultor.