O amor que che debían tentou de ser pagado con esta talla infame.
En pouco fai honor aos ecos da lindeza que en ti se derramaba.
Mais foron as idades vingativas,
a sede e a avidez da envexa e o apetito
aquelas que desmaron o esplendor
deixando unha mirada de pedra sobre as flores.
