E fiquei a descansar no medio da ruína, Mansións do vello deus erguidas na borralla De mil deuses antigos. E díxome unha voz no fondo da conciencia, Acaso unha lembranza que loitase Por saír do esquecemento: Desfeitas das cidades, Cascallos e destrozos dos tempos e dos homes.