Unha árbore reinaba na república dos soños, Na república das letras, Na república das árbores. Unha árbore erixida sobre os montes de Grecia, Arístocrata e humilde como un voo de pensamento, Como o canto anoitecido da curuxa de Minerva. Árbore perenne do herdo e do legado. Árbore do Outro.