SOBRE O ROSTRO DO PAI E OS ESPELLOS PERVERSOS. UNHA LECTURA DE XOGUETES PRA UN TEMPO PROHIBIDO DE CARLOS CASARES

Por volta de 1970 o filósofo Eugenio Trías (1970: 26), daquela aínda mozo, escribía no seu libro Filosofía y carnaval:

Hoy día podemos seriamente pensar que es falso el dicho popular de que sólo se vive una vez […]. [S]i nos lo proponemos podemos vivir, tres, trece, numerosas vidas. Pero el precio de esa decisión es obvio: acabar con todas las instituciones que nos exigen una monotonía o un aburrimiento.

E esta vai ser a ocupación de Carlos Casares ao longo da redacción do seu novo libro: pescudar cantas vidas pode vivir un home e se é ou non o mesmo home quen as vive. Porque, de feito, esa é a temática desta novela: a construción dun personaxe central, de nome Elías, que se vai modificando a medida que medra e se converte de neno en home adulto. Nesa construción sinálanse as distintas etapas, infancia, adolescencia, xuventude, madurez, e establécese un vínculo co personaxe, vínculo que está implícito desde o propio modo de enunciación: un narrador adulto que olla para o seu pasado e contempla os diversos seres que foi sendo ao longo das primeiras décadas da súa existencia.

Seguir lendo artigo